Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seso Durán presenta o seu disco “O Son da Memoria” na Discotasca

RR_Noticias

Pregaria de San Simón, o Príncipe azul ou Esperanza son algúns dos temas incluídos no disco “Son da memoria” escrito e producido por Seso Durán. Trátase dun disco que xira ao redor do que aconteceu a partir do golpe de estado do 36, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste traballo chegando a actualidade para falar da actual crise dos refuxiados no Mediterráneo. A actuación terá lugar hoxe xoves 14 ás 21:00 horas na Discotasca con entrada de balde.

José Fuzzno (Guitarras), Víctor Castro (Baixo), Antonio Monano (Teclados) e Franc Gorriz (Batería) acompañan a Seso Durán (Voz e guitarras) neste traballo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará