Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Ventosela tras agredir a unha muller cun sacho

RR_Noticias

O home, que foi detido pola Policía Local, golpeouna na cabeza causándolle varios traumatismo e contusións. A vítima, una muller de 57 anos, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro e posteriormente a Povisa, onde quedou ingresada. O detido permanece en dependencias da Policía Nacional.

Unha muller de Ventosela, S.C.C., de 57 anos, resultou ferida tras sufrir unha agresión cunha aixada e unha pedra por parte dun veciño, que lle golpeou na cabeza causándolle varios traumatismos e contusións. O suceso produciuse o domingo ás 18.50 horas cando a muller se atopaba na súa leira e o home achegouse a ela, e sen motivo, comezoulle a golpear ata deixala tirada no chan.
Os familiares acudiron a auxiliala e avisaron á Policía Local e a unha ambulancia, que trasladou á vítima primeiro ao hospital Cunqueiro onde lle trataron as feridas, e logo a Povisa, onde permanece ingresada. O agresor foi detido pola patrulla policial e se atopa actualmetne en dependencias da Policía Nacinoal.
O concelleiro de interior explica que o agresor é unha persoa que xa protagonizou sucesos violentos no pasado “aínda que nunca destas características e tan graves”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará