Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enrique Lago: “Porto Cabral prexudicaría máis ao pequeno comercio de Redondela que ao de Vigo”

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela teno claro: a posta en marcha dun macrocentro comercial como o de Porto Cabral suporía a morte do comercio local e a desaparición do xeito de vida de centos de veciños. Por ese motivo, explica o seu presidente, Enrique Lago, veñen de sumarse á Plataforma Polo Comercio Local Non a Porto Cabral que reúne ao 90% do sector de Vigo e a súa comarca e na que tamén están presentes numerosas asociación ecoloxistas e medioambientais. Teñen en marcha unha serie de iniciativas encamiñadas a sensibilizar á poboación sobre as nefastas consecuencias que este proxecto provocaría.

Esta semana iniciarase o reparto conxunto de 100.000 dípticos informativos a través dos que se pode firmar online o apoio a esta plataforma e en contra da instalación en Vigo do macrocentro comercial Porto Cabral porque “suporía un golpe mortal a este sector, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes”. En total, este plataforma en defensa do comercio local representa a uns 15.000 comerciantes, ademais doutras asociacións que tamén amosaron o seu respaldo a esta iniciativa, entre elas, as ecoloxistas e medioambientais, Verdegaia, Amigos da Terra e Asociación Lagares Vivo. A través desta plataforma queren explicar a súa total oposición ao macroproxecto previsto por Intu Eurofund na zona de Liñeiriños e piden o respaldo das autoridades locais e autonómicas para evitar a desaparición do 25% do comercio de proximidade. Esta plataforma insiste en denunciar a información interesada e manipulada que se está a dar a cidadanía sobre Porto Cabral, avisar do que sería a destrución de miles de empregos si este proxecto vai adiante, ademais de ir en contra do modelo de cidade e consumo que o comercio local ven defendendo desde hai anos. Por iso pide as autoridades que non apoien ningún tipo de iniciativa que poida dar luz verde a este proxecto e que senten cos comerciantes para escoitar a súa opinión neste tema. Ademais das consecuencias directas en canto a perdas de postos de traballo alertan que este proxecto colevaría o uso do vehículo privado, en consecuencia as emisións de CO2, creará máis residuos e un consumo altísimo de enerxía, ademais de destruír 600.000 m2 de monte verde. Un proxecto que “non encaixa no modelo de cidade e de consumo que defendemos e que promoven as directivas da Unión Europea”.  

Enrique Lago Asociación Empresarios
Un proxecto dun fondo de inversión que prexudicará a comerciantes e subministradores
Redondela gran prexudicada
Incluso máis que Vigo
Campaña de sensiblización
Inclúe o reparto de 100.000 dípticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará