Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Froles Mareliñas organiza obradoiros de Nadal durante o mes de decembro

RR_Noticias

As actividades previstas están orientadas a público adulto e infantil con obradoiros de cociña, decoración e maxia. As persoas interesadas pódense inscribir no facebook da entidade ou no enderezo electrónico frolesmarelinas@hotmail.com.

O mes arrancará cun obradoiro de cociña para adultos que leva por nome “canapés de Nadal” e que impartirá a cociñeira Luz Rodríguez Cerdeira. Está previsto que arranque o luns día 4 ás 17:30 horas e ten un prezo de 15 euros. Esta experta en cociña será tamén a encargada de dirixir outro obradoiro de cociña para nenos nas vacacións de Nadal, no que os pequenos aprenderán a elaborar sinxelos pratos de cociña e sobremesas típicas desta época. O prezo será de 20 euros.
E para decorar o Nadal Grana y Verce impartirán un obradoiro de decoración para poñer elegantes as mesas e as casas. Arrancará tamén na vindeira semana e ten un prezo de 12 euros. E os sábados pola tarde haberá a posibilidade de aprender a facer centro de Nadal.
E a finais de mes terá lugar a xa tradicional cata de viños, impartida por Mercedes González Rodríguez.
As actividades realizaranse dependendo do número de inscritos polo que dende a Asociación animan aos veciños a apuntarse canto antes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará