Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello acomete a recuperación do tramo final da senda do Maceiras

RR_Noticias

A actuación ten un custe de 57.000 euros e afectará a un tramo de 300 metros. Unha vez realizada a obra, que está previsto arranque en 15 días e que ten un prazo de execución de dous meses, darase por concluída a senda peonil polo Maceiras que permite percorrer o río dende a zona do Salgueiral ata a Ponte de Lemos en Cedeira (nas inmediacións do restaurante Lemos).

Os veciños xa poden facer uso deste trazado aínda que será con esta actuación cando se dea por rematada a obra de recuperación ambiental e posta en valor do río Maceiras. A actuación, que conta cun investimento de 57.000 euros segundo explica o Concelleiro de medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, supón o acondicionamento da marxe da canle fluvial e suporá a mellora deste paseo para permitir a mobilidade dos veciños de Cedeira e Negros que poderán achegarse andando ata o casco urbano e evitando  a estrada N-555. Ademais de compactarse a terra tamén se construirán diferentes reforzos en pedra con muros de contención en varios puntos para evitar o asolagamento do paseo en épocas de crecida.  

MIguel Alvarez edil Medio Ambientte
Unha actuación que ten un prazo de execución de dous meses
Actuación respectuosa
Non comparte as críticas que ten suscitado esta intervención

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará