Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns Roberto Samartín e Carlos Pazos-Justo presentan os seus libros no Multiúsos

RR_Noticias

O colectivo Alén Nós organiza esta venres ás 19:00 horas no Multiúsos a presentación dos libros “A Imagem da Galiza en Portugal” de Carlos Pazos-Justo e “Mudança política e sistemas culturais em transiçom” de Roberto Samartim.

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Roberto Samartim presenta un traballo no que aborda o funcionamento do sistema cultural galego no cambio do franquismo para a réxime autonómico.
Pola súa banda Carlos Pazos-Justo, formado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e Profesor do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho presentará o seu libro A Imagem da Galiza en Portugal no que analizar cal é a visión que os portugueses teñen dos seus veciños do norte.
Durante a mañá, ambos os investigadores presentarán os seus traballos ao alumnado do IES de Chapela (ás 10:30) e do IES Mendiño (a partir das 13h). En ambos casos será o alumnado de Bacharelato o que recibirá as súas achegas que, segundo o profesorado organizador, lles será de bo proveito no seu proceso formativo en xeral e, en particular, nos exames da selectividade aos que terán que enfrontarse en breve.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará