Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón a creación de roteiros temáticos en Soutomaior

RR_Noticias

A iniciativa ten como obxectivo fundamental “a posta en valor do noso patrimonio natural, cultural e histórico e a dinamización do comercio local atraendo visitantes que pasen tempo no noso concello”. Entenden dende o Bloque que sería unha actividade complementaria para as 30.000 persoas que casa ano visitan o Castelo de Soutomaior “unha cifra importantísima pero ser apenas impacto na economía do concello xa que na maioría dos casos, os visitantes veñen ao castelo e marchan”. A creación de roteiros temáticos permitiría complementar ás visitas ao castelo e achegar o turismo á veciñanza.

Trátase de facer roteiros temáticos como se fan en concellos veciños sobre elementos da nosa natureza, da nosa historia ou da nosa cultura para ofertalos á colectivos sociais, centros escolares, axencias etc. Trátase de poñer en valor todos estes elementos a través de visitas programadas que axuden a dar publicidade ao concello ao tempo que axudan a dinamizar a economía da nosa veciñanza.
Unha visita guiada podería contemplar actividades de visita ao castelo, máis tamén catas de viños de Soutomaior, dinamización da nosa hostalaría e das ostras de Arcade, viaxes pola ría para coñecer o noso sector marisqueiro,  paseos polo concello para poñer en valor a nosa natureza ou noso patrimonio e para dinamizar o noso comercio…
A iniciativa do Bloque propón abrir un prazo de presentación de proxectos para que as persoas que queiran organizar as visitas presenten as súas ideas e o concello as seleccione para converter en realidade estas iniciativas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará