Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas charlas para comprender a Revolución Rusa

RR_Noticias

Enmarcado dentro das Conversas de Alén Nós este colectivo cultural organiza o venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla na que a escritora Teresa Moure e o Xornalista Gustavo Luca abordarán diferentes aspectos en torno a Revolución Rusa cando se conmemora o seu centenario. Por outra banda, a agrupación de Esquerda Unida organiza o xoves un cine fórum en torno a este tema que se desenvolverá ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

Dúas actividades que buscan reflexionar sobre un feito que mudou o desenvolvemento do século XX, como foi o triunfo da primeira revolución proletaria, e o inicio da experiencia da Unión Soviética.
Dende Alén Nós a proposta pasa por unha charla que contará con dúas voces de prestixio
que achegarán dúas visións duns feitos que abalaron o mundo:  Teresa Moure, profesora titular de lingüística na USC e escritora traducida a diferentes linguas e Gustavo Luca, xornalista que traballou en diferentes medios de comunicación, entre outros na Nosa Terra.
Un feito histórico que tamén lembran dende Esquerda Unida quen en colaboración co Partido Comunista galego proxectan este xoves ás 19:00 horas na Casa da Cultura un documental en torno a Revolución Rusa. Intervirá o secretario político do PCG na comarca de Vigo, Xosé Román Losada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará