Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ciclo Falar por falar achega ao auditorio de Pazos o contacontos “A noite nos ollos”

RR_Noticias

“Unha cadeira, máis de dúas historias, e tres caixas de galletas. Con algúns obxectos que non son o que parecen e algunhas historias que parecen o que son” é a proposta que nos deixa a contadora de historia Sherezade Bardají, que estará este venres ás 20:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén dentro do II ciclo de tradición oral “Falar por falar” que organiza a biblioteca da localidade durante este mes de novembro.

O ciclo arrancou o pasado venres día 3 de novembro coas actuacións de Fátima Fernández e durante tódolos venres do mes haberá diversas actuacións das mellores contacontos galegas do momento. A actuación máis inmediata mañá mesmo coa actriz e contacontos Sherezade Bardají co seu espectáculo “A noite nos ollos”
O venres 17 quenda para Soledad Felloza co espectáculo para adultos “Unha mulata na corte do Rei García” e pechará o ciclo Ana Carreira o 24 de novembro con dúas actuacións, ás 13:00 horas “moito conto” e ás oito da tarde “Pequenas historias”.
Entrada de balde para todas as representacións. O ciclo está patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará