Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laura Portela Couñago do IES Floriani premiada polo seu rendemento académico extraordinario

RR_Noticias

O galardón, que lle foi concedido a nove estudantes da provincia, valora o esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego. O premio está dotado cunha contía de 750 € e supón a anotación da distinción no seu expediente académico e a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder a 20 alumnas e alumnos galegos os Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17. Estes galardóns supoñen o recoñecemento do esforzo e a dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, a educación secundaria obrigatoria no sistema educativo galego.
Todos os premiados, entre eles a redondelá Laura Portela, obtiveron unha medida das cualificacións en todas as materias dos catro cursos de ESO igual ou superior a 9.
Así mesmo lograron as mellores cualificacións na proba realizada para optar a ditos premios, que estaba estruturada en dúas partes. Unha primeira relacionada coas materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e primeira lingua estranxeira; e unha segunda sobre xeografía e historia, matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas e unha materia a escoller entre bioloxía e xeoloxía, economía, física e química, e latín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará