Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gey Lagard: “Debemos facer do recreo un tempo de goce e inclusión”

RR_Noticias

Autora do libro “Patios y parques dinámicos” esta experta en TEA e técnico superior en educación infantil ademais de directora do centro psicopedagóxico “Entramados” é unha das ponentes que este sábado participará na II Xornada de Atención á diversidade de Andaina. Impartirá unha charla e un obradoiro no que achegará aos asistente esta ferramenta de inclusión pensada para os colexio pero tamén para a súa aplicación no propio ámbito familiar. Para participar na xornada cómpre inscrición no blog da asociación https://andainaredondela.wordpress.com/

“O obxectivo é traballar para que todos os nenos independentemente das súas características estean cómodos nese tempo de recreo que debe ser, ante todo, un tempo de xogo e de goce”. Así resume Gey Lagard o seu proxecto de Patios e parques dinámicos. Unha ferramenta que naceu a partir da súa propia experiencia persoal que a levou a idear un programa de xogos axustados aos nenos e nenas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) pero que con tempo comprobou eficaz para traballar con calquera neno independentemente das súas características, co obxecto de que estean cómodos no recreo. Un programa que promove a inclusión social no contexto escolar durante o recreo, aumentando o desexo e sentido da socialización do xogo e potenciando o desenvolvemento de áreas específicas como as habilidades sociais, a comunicación ou a motricidade, que serve tamén para favorecer un clima de entendemento e respecto cara ás características persoais do alumnado e que é de doada aplicación nos centros educativos “xa temos a experiencia de numerosos colexios, tamén en Galicia que contan xa cun patio dinámico. Unha iniciativa que non precisa de grandes investimentos e que favorece a creación de vías de inclusión nos centros. Lagard lembra tamén que esta ferramenta é útil para as propias familias “moitas veces esquecémonos do tempo de ocio cando na familia hai un diagnósticos como é o TEA, e é fundamental xogar para favorecer a comunicación”.  

Gey Lagard autora de "Patios y parques dinámicos"
A súa charla e obradoiro versarán sobre esta cuestión
Recreos inclusivos
Un proxecto que nace a partir da súa experiencia persoal
Aplicable en colexios e familias
Unha ferramenta tamén útil no ámbito doméstico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará