Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito F.S. non perdoa ao Carballiño

RR_Noticias

Avultada vitoria para os de Chapela que lograban un contunden 8-1 no partido disputado esta fin de semana no pavillón de Chapela. Resultado que mantén ao Campito na décima posición da táboa na Terceira División do fútbol sala. Repiten na vindeira semana ante a súa afección e reciben a un dos grandes da categoría, o Sala Ourense, líder do grupo.

Os equipos que militan na autonómica sur non logran sumar puntos e seguen pechando o seu grupo. O Redondela é agora pechacancelas logo dunha nova derrota ante o Baíña, nun partido que rematou co resultado de 7-2. Tampouco o Arealonga logra sumar puntos, nesta ocasión caía 5-4 ante o Abetos.
Ambos os dous equipos xogan na vindeira semana na casa, o Redondela recibe a Quinta de Tui e o Arealonga xoga co Verín Sala.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará