Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quinta vitoria consecutiva do Choco fronte ao Ribadumia

RR_Noticias

Imparable continúa o Choco que suma unha nova vitoria fóra da casa logo de imporse por cero a dous no campo da Senra, o que os sitúa como oitavos da categoría. Os redondeláns amosáronse superiores dende o primeiro minuto aínda que non sería até a segunda parte cando chegarían os goles. Felix no minuto 48 e Escobar no 65 foron os encargados de materializar esa vitoria. A próxima semana reciben en Santa Mariña ao Laracha, que é décimo quinto da Terceira División con quince puntos.

SEGUNDA AUTONÓMICA
Choco B – Caldelas (1-2)
Malia a derrota desta semana en Santa Mariña, o filial do Choco continúa segundo con 22 puntos e sen apartar a súa ollada do líder o Castrelos do que o separan sete puntos. Os locais partían como favoritos no encontro deste domingo, xa que recibían ao décimo do grupo, o Caldelas. A próxima xornada visitan a casa do décimo, o Salvaterra.
Arcade-Puentearnelas (4-0)
O Arcade continúa imparable e suma tres puntos que os mantén como líder de grupo logo de gañarlle ao Puentearnelas por catro a cero no Salgueirón. Cumpríronse os prognósticos, o Arcade partía como favorito e amosou a súa superioridade fronte ao décimo do grupo Puentearnelas e a próxima semana teñen unha cita complicada xa que se miden co seu rival directo o Caldas, co que están empatados a 25 puntos. Partido que se vai disputar no Salgueirón ás 16.15 horas.  
TERCEIRA AUTONÓMICA
Peña Beretes-Chapela (3-4)
O Chapela escala até a cuarta posición logo de imporse ao pechacancelas do grupo. Os chapeláns visitaron este domingo o campo da Madroa no que se impuxeron por tres a catro ao Peña Beretes. Tres puntos que lles permite continuar pelexando por estar entre os tres primeiros, xa que na actualidade está empatado a 18 puntos co Villar e o Pereiro, terceiros e quintos respectivamente e a tres puntos do líder o Gondomar e o segundo, o Matamá. O próximo domingo reciben ao Casablanca, décimo da categoría e que esta xoranda perdía fronte ao Pereiro.
Bueu-Soutomaior (4-3)
O Soutomaior non foi quen de imporse a un dos seus rivais directos, o Bueu. Visitaron o campo da Graña para disputar un encontro que remataba co resultado de catro a tres. Derrota que deixa ao Soutomaior como sexto con nove puntos. A próxima semana descansan e volverán saltar ao terreo de xogo o domingo, 19 de novembro, día no que recibirán ao cuarto do grupo, o Estación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará