Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

San Simón acolle o II Foro labrego de Agroecoloxía

RR_Noticias

O obxectivo desta actividade, que se vai celebrar na fin de semana na Illa de San Simón, é afianzar, a través do intercambio de ideas e experiencias, o movemento que intenta que a agricultura galega aposte por unha produción de alimentos que vaia máis alá dos métodos de cultivo ecolóxicos e sexa, entre moitas outras cousas, un factor activo de xeración de emprego, de sostibilidade ambiental, de saúde e de xustiza laboral.

O Sindicato Labrego Galego organiza os días 28 e 29 en San Simón este Foro de Agroecoloxía no que se falará da viabilidade destes proxectos que aúnan produción agrícola e ecoloxía. Proxectos que adoitan partir de pequenos produtores que teñen que aprender a intervir en todo o proceso que vai dende a propia produción a súa comercialización posterior. Por ese motivo tamén se traballarán os xeitos de achegarse ao consumidor a través de experiencias concretas que se irán presentando ao longo das dúas xornadas procedentes do Pais Vasco, de Allariz ou de Salvaterra, entre outros. Contarase coa presenza de especialistas como Mirene Beguiristain, doutora en Ciencias Económicas e Empresarais e profesora da Universidade do País Vasco  quen falará o sábado sobre a viabilidade económica dos proxectos agroecolóxicos e dirixirá, ao día seguinte, o obradoiro “Indicadores na venda directa de produtos agroecolóxicos”. Xa o domingo haberá unha mesa de diálogo entre organizacións de consumo e produtores e produtoras de cara a buscar novas ideas e fórmulas que melloren a súa relación. Neste conversatorio participarán a Rede de Consumo O Careón de Melide (A Coruña), a tenda Bico de Grao (Lugo), os Foros Ecolóxicos do Barbanza e o Mercado 4 Pónlas (Pontevedra). E, para rematar, haberá un debate centrado na compra pública de alimentos por parte de institucións e organismos oficiais, que contará con voces e experiencias de ampla traxectoria, como a de Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía, da Universidade de Vigo; Ester Comas, de Veterinarios sen Fronteiras; os comedores escolares de Ames ou a Escola Municipal A Caracola de A Coruña.   Este foro está aberto a persoas que traballan na agricultura ecolóxica pero tamén a todos os que estean interesados neste ámbito ou estean pensando en botar a andar proxectos destas características.  

Belen Fervenza SLG
Fálanos do II Foro de agroecoloxía
Experiencias diversas
Os produtores comenzarán os seus proxectos e experiencias
Inscrición
Os interesados deben incribirse a através do Sindicato Labrego Galego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará