Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Correos convoca 75 prazas para a bolsa de emprego temporal para Redondela

RR_Noticias

Esquerda Unida denuncia que a nova oferta de emprego de Correos que inclúe 75 postos para a bolsa de Redondela “serán a dedo, porque son contratos fóra de listas e sen bases obxectivas de contratación”. Por ese motivo solicitan que a oferta se decida mediante oposición co fin de garantir “unha selección transparente e cualificada”.

Correos abriu onte o prazo de presentación de solicitudes para acceder a algunha das 70.000 prazas temporais que espera ofertar a empresa pública en toda España, das cales un total de 815 atópanse na comarca de Vigo. Entre elas atópanse as 75 prazas para Redondela, 45 das cales serán a tempo completo.
Dende Esquerda Unida Redondela critican que a selección non se realice mediante oposición “porque son contratos fóra de listas e sen bases obxectivas de contratación” e que os contratos ofertados sexan de obra e servizo, cunha duración de 13 meses cando “as contratación son para facer reparto de notificacións polas tardes, unha actividade á que correos está obrigada como prestadora do SUP( Servizo postal universal) e que polo tanto é estrutural e non esporádica”.
Denuncian ademais que este tipo de contratos non xeran dereitos adquiridos como antigüidade e teñen unha indemnización de 15 días por ano traballo, fronte os 33 días da maioría dos contratos. Motivos polos que esixen que se convoque unha oferta pública de emprego para estas 75 prazas.
As persoas interesadas en optar a esta oferta laboral teñen de prazo ata o 3 novembro a través da páxina web da compañía. Para a selección valorarase a experiencia en postos de traballo semellantes, dispor de estudos superiores ou cursos homologados ou ter participado na última convocatoria de persoal laboral fixo de Correos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará