Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina para coñecer o Patrimonio Arqueolóxico que agocha o Camiño de Santiago

RR_Noticias

Unha actividade organizada dende a Concellería de Cultura e que permitirá aos participantes coñecer os lugares de interese que agocha o Camiño Norte de Santiago ao seu paso por Redondela. O roteiro, que partirá ás dez da mañá dende a Capela de Santa Mariña, será guiado polo arqueólogo de A Citania, Xurxo Constela.

Non é necesaria prescrición, só aparecer no lugar da saída, na capela de Santa mariña de Redondela, o domingo ás 10:00 da mañá. A lonxitude do tramo é de 4,5 quilómetros e rematará no alto da Cabaleira no Viso.
Dende a organización recomendan que aqueles que no queiran regresar a pé, dado que non se trata dun roteiro circular, se leven coches particulares e se aparquen no contorno do Alto da Cabeleira para logo non ter que desandar os case cinco kilómetros de distancia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará