Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paloma Barreiro: “Coñecer ao noso cliente é fundamental para desenvolver un negocio de éxito”

RR_Noticias

Barreiro imparte hoxe ás 20:00 horas na Casa da Cultura a charla “Coñece ao teu cliente”. Unha actividade enmarcada dentro do plan de Emprendemento que ten en marcha o Concello de Redondela a través do programa piloto Starupvila. Cunha ampla experiencia no traballo de axudar aos emprendedores en fases iniciais dos proxectos, convida a todos os que teñan un negocio en marcha ou estean pensando en emprender a achegarse para identificar ao seu cliente, unha cuestión fundamental que pode marcar a diferenza entre un negocio de éxito e un fracaso.

O éxito dun negocio reside en diferentes aspectos, pero un fundamental é coñecer a que tipo de persoas imos a dirixir as nosas vendas e os nosos produtos. Por ese motivo, é imprescindible para o emprendedor coñecer cal é o seu cliente potencial, xa que non será o mesmo dirixirnos a unha persoa de mediana idade con fillos, que a un adolescente ou a unha persoa xubilada… Aínda que poida parecer unha cuestión lóxica, moitas veces quen emprende un negocio esquece a importancia deste aspecto. Para aclarar esta cuestión celébrase na xornada de hoxe venres ás 20:00 horas na Casa da Cultura a charla Coñece ao teu cliente a cargo de Paloma Barreiro, impulsora da asociación SturpGalicia. Unha actividade práctica á que están convidados todas aquelas persoas que teñan en marcha algún tipo de negocio ou estean pensando en montar algunha empresa “da igual que sexa unha panadería, que unha empresa de novas tecnoloxías, sempre precisamos coñecer e estudar como dirixirnos ao que será o noso cliente”.  

Paloma Barreiro Starup Galicia
Unha charla orientada a claquera tipo de emprendedor
Unha actividade práctica
Os participantes realizarán exercicios que lles permitirá coñecer o seu perfil de cliente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará