Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mariana Cabaleiro do IES Mendiño galardoada co premio extraordinario de bacherelato

RR_Noticias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concede estes galardóns en recoñecemento ao alumnado do sistema educativo galego. Un recoñecemento a 20 alumnos de toda Galicia que nesta ocasión fixo parada no Instituto Mendiño para recoñecer o traballo e os resultados nos estudos dunha das súas alumnas, Mariana Cabaleiro Lago.

Cada galardón está dotado cunha contía de 1000€ e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, a concesión dun diploma acreditativo e a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato. Nesta ocasión un dos galardóns recae una alumna do IES Mendiño Mariana Cabaleiro Lago.
A concesión dos premios supón un recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego. Non en balde, para concorrer a estes galardóns era necesario ter unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
Ademais, os aspirantes aos premios realizaron unha proba estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvolvéronse temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará