Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CampitoFS logra un punto na súa visita a Lugo

RR_Noticias

En terceira división o Campito logrou un punto na súa visita a Lugo ao empatar a catro tantos co Ribeira FS. Un resultado máis que salientable logo de remontar un 3-0 en contra. Malia todo, o reparto de puntos non logra afastar ao equipo dos postos de descenso, son décimo cuartos e reciben na vindeira semana a un rival directo, o Bueu, equipo que se atopa tan só un posto por riba.

Na autonómica sur reparto tamén de goles entre o Redondela e As neves nun encontro que remataba co resultado de 5-5. Peor sorte correu o Arealonga que caía 2-7 ante o Beade. O equipo de Chapela descansa na vindeira xornada mentres que ao Redondela tócalle visitar o campo do líder o RB Vigo 2015.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará