Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo imparable na División de honra prata feminina

RR_Noticias

O equipo sitúase na cuarta praza da categoría logo de vencer 26-30 ao Camargo. Un reparto de puntos é o que logrou o Chapela ante o Asmubal Meaño logo de empatar a 26 goles. Na primeira nacional masculina a Sar Plastic Omnium lograba os seus primeiros puntos loco de vencer pola mínima ao Porriño (21-22) e o Rodosa Chapela consolida a súa posición nos postos altos da tábao logo de vencer ao Octavio.

Terceira vitoria consecutiva para a SAR rodavigo que logrou facerse co partido nesta fin de semana no seu desprazamento ao campo do Camargo. 26-30 foi o resultado do encontro que lle asegura as redondelás a cuarta praza da táboa, Un partido que non comezou moi ben para a SAR que ao descanso perdía de tres (15-12). Remontaron na segunda parte ata facerse cos puntos en xogo. Na vindeira semana reciben a un rival directo, o BM Gijón situado no terceiro posto da clasificación
Tamén na División de honra prata feminina milita o Chapela que logrou un reparto de puntos na súa visita ao campo do Asmubal Meaño. Encontro que rematou 26-26 e que sitúa ás de chapela no decimoprimeiro posto. Un posto por baixo está o Lanzarote, equipo que na vindeira semana visita o noso concello.
Primeira nacional masculina
A Sar Plastic Ómnium conseguiu os seu primeiros puntos ao vender pola mínima ao Porriño, pechacancelas do grupo. Un partido disputado o sábado e que rematou co resultado de 21-22. Na décima posición, a SAR ten na vindeira xornada unha cita difícil xa que recibe ao segundo da categoría, o Lalín.
Pola súa banda o Rodosa Chapela logrou unha importante vitoria, tamén pola mínima, ante o Octavio. Fíxoo ademais logo de remontar na segunda parte do partido, tras chegar ao descanso cun marcador en contra de 11-16. Sería Ruben Figueiro o heroe do partido logo de lograr o gol da vitoria a poucos segundos do final.
O Rodosa Chapela mantense na parte alta da categoría, na terceira praza, situación que tentará defender na vindeira semana na súa visita ao campo do Lavadores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará