Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición frea a elaboración do estudo de viabilidade para legalizar o edificio de Chapela

RR_Noticias

Todos os grupos da oposición amosaron o seu rexeitamento a unha petición asinada por 12 colectivos de Chapela e que chegaba a pleno apoiada polo PP. A moción buscaba unha saída para o polémico edificio ilegal situado na rotonda da AP-9 a través da elaboración dun estudo de viabilidade urbanística, económica e xurídica que permitise o seu futuro uso para servizos municipais e locais sociais. Os populares argumentaron o seu apoio a proposta porque “os colectivos asinantes teñen dereito a que o pleno os escoite” mentres que o resto dos grupos lembraban que existen innumerables informes que constatan a ilegalidade do edifico e instaban aos goberno local a retomar os expedientes urbanísticos que pesan sobre o mesmo.

A proposta de seguir dando pasos cara a legalizar e posteriormente comprar por parte do concello o polémico edificio da Finca Puntela volvía congregar onte no Multiúsos da Xunqueira a numerosos defensores e detractores da iniciativa. Por unha banda membros da Asociación de afectados pola AP-9 así como representantes doutros colectivos (Comunidade de montes, asociación cultural e social de Chapela e Cidadelle, diferentes clubs deportivos da parroquia ou do Círculo Recreativo e Cultural e a Asociación de empresarios, entre outros) que amosaban con cartaces o seu apoio a dita moción. Por outra banda, membros da Asociación de Veciños ou das ANPAs da parroquia que se mostraban claramente en contra. Igual de dividida estaba a corporación, cun grupo popular manifestamente a favor dunha iniciativa que defende buscar unha saída para que este edificio ilegal  poida ser utilizado para albergar diferentes servizos municipais e locais sociais, e por outra, os grupos da oposición que insistían en rexeitar unha moción que busca “premiar a ilegalidade o que sentaría un precedente” en palabras do concelleiro non adscrito Enrique Fojo quen instaba ao goberno a “retomar os expedientes de infracción urbanística que pesan sobre o inmoble”. Dubidaba tamén dos intereses que se agochan detrás da postura do grupo de goberno “non sabemos se apoian esta proposta por intereses electoralistas, económicos ou porque teñen que pagar algún favor” en referencia á moción de censura que permitiu acceder ao popular Amado Ricón ao goberno hai vinte anos. Dende o BNG insistían en que “nin por activa nin por pasiva imos apoiar que o concello adquira obras ilegais” e sobre a necesidade de máis locais para uso municipal e social en Chapela afirmaba o nacionalistas Xoán Carlos González “que existen espazos que poden ser destinados  estes usos”. Acusaba ao alcalde Javier Bas de dividir a parroquia “cando deberían estar máis unidos ca nunca para demandar compensación polas obras da AP-9. Javier Bastos da Agrupación de Electores ademais de recalcar que a solución para a falta de espazo e de locais públicos non pasa por legalizar edificios ilegais facía referencia a un dos puntos recollidos na moción “piden os asinantes un novo estudo cando xa hai numerosos informes técnicos nos que se constatan que o inmoble é ilegal, o que pasa é que eses informes non gustan”. Outro dos argumentos recorrentes por parte dos grupos da oposición facía referencia á “lexitimidade” dos seus asinantes “por estaren vinculados moitos deles ao PP, non teren consultado ás bases dos colectivos que representan ou por ter incluso intereses directos no propio edificio”. Así o manifestaba tamén o socialistas Leonardo Cabaleiro quen instaba ao PP a “poñerse a traballar para buscar locais para os colectivos e que deixen de enredar”. A moción só atopou na corporación o voto a favor do PP quen defendeu a súa postura porque entenden que a demanda dos colectivos é máis que xusta e que os asinantes merecen ser escoitados.  

Afectados AP-9
Este colectivo era o encargado de trasladar a moción ao pleno
Enrique Fojo edil non adscrito
Poñía en dúbida os intereses que se agochan detrás dos movementos de cara a legalizar este edificio
Xoán Carlos González BNG
NIn por activa nin por pasiva apoiran que se legalice o inmoble
Javier Bastos AER
Enumeraba algún dos informes existentes sobre a ilegalidade do edificio
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialistas tamén facía fincapé nas sinaturas que apoiaban o escrito da moción
Carmen Amoedo PP
A proposta só atopou o apoio dos populares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará