O contador e actor Fran Campos de Compañía Bandullo Azul acompañado da monicreque Filipa visitan este venres ás 18:30 horas a Biblioteca de Chapela para ofrecer un espectáculo orientado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.os contos de Filipa fan un percorrido por diferentes contos tradicionais, a través da palabra e da música en directo e o espectáculo reserva tamén un oco para achegarse ás obras infantís de Carlos Casares. Unha actividade de balde ata completar o aforamento.
Por outra banda, dende a biblioteca fan un chamamento aos rapaces de 8 a 12 anos a se inscribir e participar no Club Infantil de lectura que arrancará a mediados do vindeiro mes, concretamente o 18 de outubro. As xuntanzas celebraranse un mércores ao mes, ás 18:30 horas. Para participar os interesados poden inscribirse chamando ao 986-454-226 ou no correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal
Fálanos do espectáculo do venres 29
Está aberto o prazo de inscrición para rapaces de 8 a 12 anos