Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Seren presenta un novo tomo da historia local

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle hoxe venres ás 20:00 horas a presentación do sétimo número do boletín que edita o Seminario de Estudios Redondeláns (Seren) no que se fai unha escolma de diferentes artigos que repasan a historia local. O acto contará coa presenza da profesora da Universidade da Coruña e política Pilar García Negro, prologuista do volume. A publicación poderá adquirirse no propio acto así como nas librerías do concello a un prezo de 15 euros.

Malia as dificultades económicas que supón editar 500 exemplares así como contar coa colaboración de diferentes articulistas que achegan as súas investigacións e os seus textos a esta publicación, logo de cinco anos o Seren presenta esta tarde o sétimo número do seu boletín. “Un  libro do que estamos especialmente orgullosos” explica Carlos Antuña “xa que recompila interesantes artigos nos que se fala da música, de deporte, de economía ou da sociedade”. Para seguir con este traballo de recollida, análise e publicación da historia local, dende o Seren fan un chamamento a todas aquelas persoas que estean traballando en investigacións vencelladas con Redondela a que se acheguen a nós “o único que pedimos é rigor nos artigos que nos presentan, pero estamos encantados en recibir colaboracións que nos sirvan para futuros boletíns”. Entre os colaborados que xa participan desta iniciativa están Almudena Bouzón cuxo artigo “A desaparecida vila mariñeira de Redondela” é un dos recollidos no libro que se presenta hoxe, Tamén atoparemos imaxes sobre o debuxante Mario Reboredo e a caricatura en Redondela, sobre a planificación mariña na enseada de San Simón ou unha ampla crónica sobre as bandas e grupos de Redondela dende o século XIX ata os anos 90 a cargo de Fon Conde e Juan Migueles. Outro dos colaborados habituais é José Antonio Orge quen asina os textos “A Picota ou rolo da vila” e “Os símbolos do Concello de Redondela”.    

Carlos Antuña Seren
Un número con moito contido
Presentación na Casa da Cultura
Pilar García Negro será unha das intervintes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará