Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a decisión do goberno de “dar carpetazo” ao Consello Municipal de Cultura

RR_Noticias

Aseguran que o anterior concelleiro de cultura, Xabier Alonso apostara por poñer en marcha este organismo que a súa sucesora no cargo, Teresa París, decide non crear “argumentando que polas dinámicas observadas actualmente non é necesaria a súa creación”. Inicialmente o Consello da Cultura debería servir para establecer liñas de actuación no eido cultural así como participar na elaboración do orzamento anual para Cultura. A decisión de non crear este órgano é para AER unha mostra máis da política de bandazos que caracteriza ao departamento de cultura.

Explican que en decembro de 2015, o anterior concelleiro difundía e sacaba á luz o documento inicial do “Plan para a cultura de Redondela”, unha proposta de actuación na que se programaba a creación do Consello Municipal da Cultura mediante a aprobación dun regulamento que estableza a súa composición e funcionamento. Agora o Partido Popular dá carpetazo á súa propia proposta “amosando claramente o pouco interese en que o eido cultural poida participar e aportar á política cultural pública de Redondela”.
Dende AER a resposta dada amosa un claro desenfoque sobre o que supón un Consello Municipal da Cultura, pois nel o obxectivo non é a gobernanza política das actividades xestionadas polas entidades culturais, senón que representantes do eido cultural poidan participar, aportar e buscar sinerxías na política cultural da administración local. Sería un foro consultivo debidamente regulado, de cara a que o eido cultural de Redondela tivese un punto de encontro de participación veciñal específico para a cultura, onde se puidera aportar sobre as programacións propias do Concello, acerca das programacións conxuntas Concello-Entidades, asesorar sobre liñas de actuacións prioritarias para o eido cultural, establecer follas de ruta en canto á recuperación e posta en valor do patrimonio cultural, consultar sobre o destino preferente dos orzamentos en cultura e patrimonio, ou mesmo canalizar problemas sectoriais que preocupan ás entidades, tales como a dispoñibilidade de locais para asociacións, a dispoñibilidade de recursos para as programacións das entidades sen ánimo de lucro, mellora de bases de liñas de axudas, colaboración cos centros culturais das parroquias, apoio na difusión dos eventos culturais, apoio á creación musical, das artes escénicas, baile e danza, etc, recuperación do patrimonio material e inmaterial, etc.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará