Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo faise co partido ante o Carballal

RR_Noticias

A Sar Rodavigo logrou a vitoria no primeiro derbi da tempada na División de Honra prata feminina ao vencer por 28-35 ao Carballal. Pola súa banda o Cíes Chapela caía na súa visita ao campo do Palencia por 27-24.

As rapazas da SAR situáronse dende o principio do partido por diante no marcador e os intentos do Carballal por acurtar a vantaxe foron insuficientes para evitar a derrota. Ao descanso perdían de tres goles, e a SAR logrou ampliar esa vantaxe ata chegar ao marcador final de 28 -35. Na vindeira semana as redondeláns reciben ao Cisterniga.
En Palencia o equipo de Chapela non foi quen de facerse co partido, malia que as de Chapela dominaron durante corenta minutos o encontro. Os nervios e as precipitacións fixéronlles cometer erros que darían a vitoria ao equipo local, o Palencia Turismo, quen vencía por 27-24. O Chapela xoga novamente fóra da casa na próxima xornada, será no campo do Cleba León.
Primeira nacional masculina
En primeira nacional masculina a SAR caía ante o Conservas Camariñas por 25-19. O equipo xogaba nun campo complicado e nada puideron facer ante un rival superior que vencía por 25-19. Moito mellor lle foron as cousas ao Chapela que vencía ao Luceros por 34-28. Desigual arranque polo tanto na primeira xornada da competición.  A Sar recibe na vindeira xornada ao Rasoeiro e o Chapela xoga en Pontevedra contra o Teucro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará