Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Pazos saen a rúa para reclamar un servizo de autobús

RR_Noticias

A marcha arrancaba as nove da mañá na parroquia de Nespereira con remate ás portas do concello de Pazos de Borbén. Os manifestantes trasladáronlle ao alcalde, Andrés Iglesias a necesidade de que se retome o servizo de transportes público que permitía aos veciños empregar o autobús escolar para desprazarse a Redondela. Iglesias alegou que a suspensión responde a unha “reestruturación dos percorridos por parte de Autos Arcade” e comprometeuse a solicitarlle a empresa que retome o servizo.

Explican os veciños que malia non seren moitos os que empregaban este autobús trátase dun servizo moi necesario. “Hai veciños maiores que carecen de coche ou non conducen e que empregaban este autobús para achegarse ao médico ou mesmo para ir a praza de Redondela” explicaba unha das usuarias. Estes veciños empregaban ata o pasado mes de xuño ese autobús escolar para baixar a Redondela unha vez deixaba aos nenos no colexio. “Suspendérono no verán pero nós contabamos que volvería retomarse en canto os rapaces regresaran as aulas, sen embargo estes días estivemos na paradas e non pasou ningún autobús”.  

Emilia Camiña veciña e usuaria
Reclaman que se retome o servizo de autobús

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará