Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración contra a violencia de xénero

RR_Noticias

A praza do concello acolle hoxe luns ás 20:30 horas unha concentración en contra da violencia de xénero correspondente ao mes de setembro. A Asociación cultural e social de Chapela será a encargada de ler o manifesto nesta ocasión.

Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.
O acto, que se desenvolverá o luns 4 de setembro na praza do Concello ás 20:30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación Cultural e Social de Chapela. Como símbolo gardarase un minuto de silencio e procederase á colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará