Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moscoso celebra a Festa das Chulas a ritmo de rap

RR_Noticias

A Asociación de veciños San Paio de Moscoso organiza a XVII edición desta festa que se celebra o primeiro domingo de setembro. Unha cita gastronómica que arrancará ás 11:00 horas e na que se poderá degustar durante todo o día polbo, churrasco, paella, empanadas, callos e sobremesas caseiras, ademais da  protagonista indiscutible do evento, a Chula. O pregón correrá a cargo do rapeiro Malvares de Moscoso.

Moscoso acolle este domingo a XVII edición da festa da chula. Unha sobremesa típica galega que en tempos difíciles foi o principal sustento de moitas familias na zona que vivían do campo e que tiñan á súa disposición os produtos necesarios para a elaboración das chulas: ovos, leite, fariña de millo e algo de azucre. A masa que resulta destas mestura frítese en aceite, resultando unha sobremesa semellante á filloa pero máis grosa. A festa na súa honra naceu no 2001 da idea de relanzar a antiga feira de Moscoso que, por aquel entón, atopábase extinta. Co obxecto de atraer xente xurdiu a idea de realizar unha festa gastronómica. Naquel ano foron 300 as persoas que participaron, número que foi crecendo ata chegar as 1500 que se esperan nesta edición. O Pregón correrá a cargo do noso veciño Malvares de Moscoso, un dos artistas máis importantes do rap en Galicia. Forma parte da banda Rebeliom do Inframundo e é un dos responsables da discográfica lusófona Língua Nativa. Nos seus 13 anos de traxectoria percorreu toda a península mostrando a súa particular mestura de hip hop, poesía e electrónica. A celebración completarase cunha feira de produtos ecolóxicos e artesanais.  

Julio Vilan AVV San Paio de Moscoso
Fálanos da chula
Domingo Amoedo foi o precursor
A súa prematura morte non lle permite asisitr a unha festa que se achega a súa maioría de idade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará