Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local de Soutomaior rexeita as críticas do BNG polo abandono de Arcade de Arriba

RR_Noticias

A alcaldesa en funcións do Concello de Soutomaior, Dolores Cernadas, rexeita as declaracións vertidas polo portavoz do BNG nas que afirmaba a “situación de abandono por parte do goberno local do barrio de Arcade de Arriba”. Cernadas lembra que no pleno do pasado mes de maio xa se deu conta do proxecto para crear beirarrúas e mellorar o acceso a Arcade de Arriba.

A edil sinala que neste barrio xa se realizaron “múltiples melloras”, como a ampliación da rede de saneamento en todo o barrio, a mellora no acceso e a construción do depósito de rega en Casal de Baba, o novo acceso de Codeseira – A Costa, a instalación dun novo parque infantil, o asfaltado de todas as vías, a ampliación e mellora da iluminación pública, e recentemente, para afrontar a campaña de verán, unha limpeza e roza intensiva en todos os viarios de titularidade municipal. Insiste ademais en que a atención do equipo de goberno “está sempre posta nos barrios e na súa calidade de vida”. Cernadas pon como exemplo a recente restauración do lavadoiro e da fonte tradicional, así como a colaboración que o Concello está a levar a cabo coa Asociación de Veciños de Pozovello na limpeza e recuperación de diversas pozas e na limpeza da pista da Feixoeira. Entende A alcaldesa en funcións, que a creación dun parque infantil na Praza da Aldea, como propón o BNG, non resultaría axeitado, xa que por alí pasan “centos de coches cada día”. Explica que o goberno local aposta porque os nenos xoguen “en sitios seguros”, como a zona do Peirao, a área recreativa de Comboa, ou o novo parque infantil que se vai instalar en Samean.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará