Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello amósase satisfeito coa seguridade no Entroido de Verán malia as críticas da Policía e AER

RR_Noticias

A polémica sobre o dispositivo de seguridade implantado polo Concello de Redondela no Entroido de Verán do pasado sábado está servida. Ás críticas da Agrupación de Electores de Redondela, que denunciou “graves fallos e desorganización”, súmanse as dos propios membros da Policía Local, que falan de “falta de medios materiais e de persoal”.

Un portavoz sindical dos axentes que estiveron de servizo durante a festa denuncian que “carecían de medios humanos e materiais”. Os policías denuncian “descontrol e falta de previsión” dende a Xefatura da Policía e o goberno local. Advirten que “un ano máis” estivo en perigo “tanto a seguridade dos membros da Policía Local como dos cidadás que participaban na festa”. Lamentan que, malia as advertencias previas, os axentes traballaron sen emisoras. Deste xeito non podían comunicarse entre eles nin coa central da comisaría, tendo que facer uso do seu teléfono móbil personal. Outro tema de gravidade que denuncian é a falta de chalecos persoais. Segundo denuncian os axentes, os episodios de maior perigo déronse nos accesos aos autobuses, entre as 05.00 e as 08.30 horas do domingo. Os axentes poñen de manifesto que o ocurrido “puido acabar en traxedia” ao verse “desbordados” ambas Forzas e Corpos de Seguridade presentes. Producíronse diversas avalanchas de xente para acceder ao transporte “quedando varios policías atrapados entre os autobuses”. Máis de 10 persoas tiveron que se evacuadas por mareos e desmaios.
Pola súa banda, o concelleiro de Interior, Arturo González, mantén que “o plan de seguridade funcionou en todo momento, tanto é así que nunha festa que chegou a congregar a máis de 35.000 persoas en Redondela non se produciron incidentes de gravidade”. Neste sentido desde o Concello lembran que “máis de 90 profesionais velaron para que todo saíse ben e por primeira vez esta festa contou cun plan de seguridade e de evacuación do recinto”. Afirma que o Concello “reforzou os medios materiais con equipos de comunicación así como no ámbito de colaboración con outras administracións se incrementou a protección mediante chalecos antibala para a policía local”. González explica que o recinto “disponía dun só acceso e saída xeral para poder controlar mellor o aforo”, pero que contaba tamén con tres saídas de emerxencia con presencia de persoal de seguridade “para que no caso de que se producise calquera situación perigosa a xente saise facilmente do recinto”. Desde o goberno local afirman sentirse “satisfeitos” co desenvolvemento da festa e as medidas tomadas “xa que a pesar da elevada afluencia de xente non tuvo lugar ningún feito de gravidade”. Atendéronse en torno a 50 persoas con feridas leves e síntomas de embriguez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará