Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos

RR_Noticias

O Motoclub Redondela celebra a quinta edición da Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos este sábado, día 26. Os actos darán comezo a partir das 15.00 horas coa apertura do recinto situado no Campo da Feira de Redondela, con animación musical a cargo de Máster Music.

Ás 17.00 horas arrancará a ruta turística e ás 18.00 horas está prevista a chegada ao recinto, onde haberá unha degustación de petiscos na carpa. Ás 19.30 horas, exhibición acrobática a cargo de Acuko Stunt e ás 20.30 horas, zumba a cargo de Studio Carpe Diem. Ás 21.00 horas será a quenda dos espectaculares xogos moteiros, e ás 22.00 horas a degustación dunha gran mexilloada para todos os asistentes. Ás 23.30 horas terá lugar unha gran queimada popular coa lectura do conxuro a cargo do “Chupacabras”. Para rematar a xornada realizarase un sorteo de agasallos, con música ata altas horas da madrugada.
A entrada é de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará