Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos abre as festas coa orquestra Panorama

RR_Noticias

Mañá mércores arrancan as festas patronais de Fornelos de Montes na honra de San Lourenzo e Santo Cristo. Prolongaranse ata o venres e os actos relixiosos misturaranse con actuacións de bandas de música, charangas e orquestras, entre as que destaca a actuación de Panorama na noite do mércores xunto ao grupo Xacobeo.

A pequena localidade de Fornelos multiplica esta semana o número de habitantes. Aos veciños que residen todo o ano no municipio, súmanse centos de visitantes e tamén os fornelenses emigrados a outros puntos do planeta, desde Portugal ou Francia ata o Brasil. Todos os que poden regresan á súa vila natal estes días de agosto para participar nas semana grande de Fornelos. Cayetano Tamaño, membro da comisión de festas, explica que se trata dunhas datas “moi especiais” en Fornelos, para disfrutar da familia e os amigos, e para compartir con todos aqueles que queiran achegarse. As festas comezan o mércores con actos relixiosos e a verbena a partires das 23.00 horas co prato forte de Panorama, que atrae a multitude de público de todas as idades. O xoves, día do patrón, as actividades comezarán de mañá co pasarrúas da Banda de Música Artística de Merza. Pola noite a verbena correrá a cargo das orquestras Televisión e Paladium, que conta entre os seus membros cun vocalista de Fornelos, motivo polo que a comisión de festas se decantou por esta formación. O venres continúan as actividades ao longo de todo o día co pasarrúas da Charanga Radio, da que forman parte músicos locais, e pola noite a festa correrá a cargo das agrupacións Magos e Brujas. A programación festiva de Fornelos completarase co XVIII Festival Folk na praia fluvial o 18 de agosto, a partires das 22.30 horas.

Cayetano Tamaño comisión de festas
Unha semana grande para disfrutar de Fornelos.
Panorama e Xacobeo
O día forte será a noite do mércores
Paladium e Televisión
Programación do xoves
Programación do venres
Charanga Radio e verbena con Magos e Brujas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará