Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia a falta de mantemento do Paseo da Portela

RR_Noticias

Denuncian a abandono do goberno local por non ter acometido ningunha actuación de mantemento o que provoca que este paseo presente un estado lamentable nalgúns dos seus tramos, sen luz, con taboleiros rotos e maleza que dificulta o paso. Os socialistas tamén levan ao pleno, que se celebra hoxe ás 20:00 horas no Multiúsos, a falta de seguridade na Praia da Punta e na Senda da Auga.

O paseo ata A Portela ten unha lonxitude superior a un quilómetro e comunica a zona máis céntrica de Redondela coa Punta Socorro. En 2010, dita actuación foi aprobada en pleno por todos os partidos e tivo un custe de 752.190 euros, obtidos mediante Fondos Europeos.
Este paseo, explican os socialistas, non só é concorrido as fins de semana por ser unha zona de esparexemento, senón que dá seguridade aos habitantes da zona que antes tiñan que ir camiñando pola estrada.
Dende hai anos “esta zona está bastante abandonada pola falta de mantemento do Goberno Municipal o que da como resultado que as fontes non teñan auga e nin sequera billas, falten máis da metade de luces, os taboleiros estean rotos, a maleza cubra parte do paseo… Chegando a ser tal o abandono que moitos tramos só teñen a iluminación da estrada e non a propia do paseo”.
Seguridade na Praia da Punta
Dentro das demandas dos socialistas para este pleno, está a colocación da barreira de boias que limita a zona bañista na Praia da Punta. A baliza que sinalaba a entrada e saída da zona de deportes náuticos non está debido a falta de mantemento xa que tras podrecer parte da mesma, desprendeuse da zona ata chegar ao Porto de Cesantes.
Por outra banda, tamén reclaman a mellora da sinalización de advertencia peóns na Senda da Auga debido ao perigo que está ocasionar o tránsito conxunto de peóns e medios de transporte como: coches, motos, quads… A día de hoxe, só existe un cartaz de advertencia no tramo dende Santo Estevo de Negros a Cedeira.
Dende o PSOE declaran “a falta de mantemento das nosas zonas por parte do Grupo Municipal do PP é evidente. En moitos casos, están a poñer en risco a seguridade da veciñanza de Redondela como pode ser o mal estado no que se atopa o Paseo da Portela ou a falta de seguridade na Praia da Punta ao non estar clara a zona de delimitación do baño”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará