Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A pista da Xunqueira acolle as semifinais do Mundialito

RR_Noticias

Catro son os equipos que se xogan hoxe o pase a final na XLIII edición do Mundialito da Xunqueira. A Casa de Mii enfrontarase ás 20:30 co Equipo do Ferreiro e unha hora despois medirán as súas forzas os xogadores do Pub Aquelarre e Reformas Cobi. Os gañadores xogarán a final que se disputará o sábado e que chegará precedida por un encontro de veteranos.

Tan só quedan catro dos vintecatro equipos que comezaron esta edición e que esta semana medirán as súas forzas para facerse un oco na final que se disputa o vindeiro sábado.
Onte tiñan lugar os encontros correspondentes a cuartos de final
Marcón Arena-Casa de Miii 0-4
Os Viadutos- O equipo do Ferreiro 1-1 (Penaltis 1-2)
Café Royal Picasso-Pub Aquelarre 0-1
Redovigo-Reformas Cobi 0-3
Uns resultados que nos deixan xa os finalistas que medirán as súas forzas a partir das 20:30 horas de hoxe. Encontros nos que se decidirá que equipos pasan á final que se disputa o vindeiro sábado. Un partido que previsiblemente chegará precedido por un encontro de veteranos, no que poderemos ver a xogadores clásicos deste torneo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará