Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará con dous novos obradoiros de emprego

RR_Noticias

O obradoiro “Redondela Vila Bela” centrarase en xardinería, agricultura ecolóxica e cantería e os seus alumnos-traballadores encargaranse de recuperar o antigo solar que ocupaba a caseta de Fenosa, nas inmediacións do Xulgado, e converter dito espazo nun xardín e zona verde. A Xunta concede tamén a Redondela un segundo obradoiro destinados a menores de 30 anos

Dous obradoiros de emprego solicitados polo Concello que buscan dar formación nun oficio específico a persoas que van dende mozos que aínda non tiveron o seu primeiros emprego a outros segmentos da poboación que se atopan nunha situación complexa á hora de atopar un emprego ou reincorporarse ao mercado laboral. No primeiro dos obradoiros, baixo o nome de Redondela Vila Bela terán preferencia , en xeral, as persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga); mulleres; vítimas da violencia de xénero; traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego; parados de longa duración; maiores de 45 anos; persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior; e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. O segundo está destinado especificamente a menores de 30 anos e os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.  O número de alumnos é de 15 en todos os casos e a duración da formación e emprego de 6 meses. Estímase que os obradoiros comecen no mes de setembro.  

Carmen Amoedo Concelleira de emprego
A edil explica a quen van orientadas estas actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará