Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aplaude nas celebracións do Día de Galicia o retorno a nosa terra do Pergamiño Vindel

RR_Noticias

A chegada a Vigo deste Pergamiño, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa e un documento de excepcional relevancia para a historia cultural de Galicia, foi un dos argumento empregados hoxe pola concelleira de cultura Teresa París para lembrar a importancia da celebración do Día de Galicia nun acto no que tivo lugar a tradicional ofrenda a Castelao na Alameda. Xa pola noite, ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre, haberá un acto a prol da diversidade cultural e deseguido o concerto do coro Cantares do Brión.

Con estas actividades o Concello de Redondela quere sumarse ás celebracións que rodean o día grande de Galicia. Logo do acto institucional desta mañá, no que se realizou a tradicional ofrenda a Castelao e a concelleira de cultura foi a encargada de ler un texto no que puña de manifesto a importancia da chegada temporal a Galicia do Pergamiño Vintel, que estará exposto a partir de Outubro no Museo do Mar de Vigo, os actos continuarán na tarde noite na praza da Casa da Torre.  

Teresa París edil de Cultura
Un día para sentírmonos orgullosos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará