Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para Ismael Viéitez e Penélope Martín no I Tríatlon Concello de Redondela

RR_Noticias

Ismael Viéitez e Penélope Martín, integrantes do Club Arteixo, foron os vencedores do I Triatlón Concello de Redondela no que participaron 168 atletas. A proba, que saíu da Praia a carón do peirao de Cesantes, percorreu o centro de Redondela ante centos de persoas que non quixeron perderse o paso dos deportistas.

Marcos Vila foi o protagonista nos primeiros minutos da proba: fixo o mellor tempo en natación e levaba unha grande vantaxe ao inicio da proba en bicicleta…pero o paso dos quilómetros deixábase notar e iso permitiulle a Ismael Viéitez reducir a diferencia e porse a par do seu rival. Antes de chegar á parte de atletismo, os dous xa ían xuntos e disputábanse a vitoria nos 5 quilómetros finais.
A loita foi intensa pero Viéitez foi quen de apertar e entrar o primeiro na meta cun tempo de 1.03.20, con apenas 30 segundos de vantaxe sobre o integrante do Club Natación Ourense, quen rematou a proba esgotado logo do seu intenso esforzo. O terceiro chanzo do podio foi para José Manuel Pardo a 35 segundos del vencedor. O mellor atleta local foi Fabián Úbeda, del CAR Redondela, que chegou en sétima posición.
Na proba feminina, Penélope Martín sacou vantaxe na natación pero perdeuna na bicicleta permitindo que Aida García, do Olímpico de Vedra, se achegase a ela…pero Penélope foi quen de aguantar a presión e chegar a primeira á meta logo dunha grande carreira final.
A deportista do Club Triatlón Arteixo fixo un tempo de 1.16.33, Aida García, del Olímpico Veda, chegou 41 segundos máis tarde, a terceira posición foi para Sara Castillo, del Trinoth, a 3.12 minutos de Martín.
Antonio Souto foi o vencedor na categoría júnior por diante de Manuel Jesús Varas e Antón Ramos, mentres que en sub-23, o primeiro foi Diego Blanco seguido por Íñigo Martínez e Manuel Rodríguez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará