Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concelleiro de deportes Julio Mougán regresa a Segunda División como técnico do Noia

RR_Noticias

A súa incorporación como adestrador do conxunto noiés non suporá unha reestruturación no goberno de Javier Bas xa que o obxectivo de Mougán é compatibilizar o seu traballo como adestrador e as súas responsabilidades de goberno. O edil preside as áreas de deporte, xuventude e novas tecnoloxías.

Logo de semanas de negociacións o Noia Portus Apostoli Futbol Sala daba a coñecer nas últimas horas o nome do que será o técnico que dirixirá a este equipo na súa primeira tempada en Segunda División. E non é outro que o concelleiro de deportes de Redondela Julio Mougán que retoma así o seu traballo de adestrador ao fronte dun equipo que se marca como obxectivo a permanencia na categoría. Mougán, que xa ten experiencia na Segunda División dos anos nos que dirixiu ao Lanzarote, amósase moi satisfeito por volver ao Futbol Sala e facelo ademais como un dos 32 adestradores da elite deste deporte. Asegura que as súas novas responsabilidades deportivas non suporán que descoide o “compromiso que teño con Redondela e co equipo de goberno” e confía en poder compaxinar as dúas labores como responsable de deportes no concello e como adestrador ao fronte do Noia.  

Julio Mougán concelleiro de deportes e adestrador do Noia
Satisfacción no seu regreso á Segunda División do Futbol Sala
Compaxinar responsabilidades
O seu novo traballo ao fronte do Noia non suporá que abandone o goberno local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará