Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O I Tríatlon de Redondela no que participan 168 atletas obriga a pechar o tráfico no casco urbano

RR_Noticias

Dentro da aposta que a Concellería de Deportes está a facer de cara a incrementar a oferta deportiva en Redondela, organizan en colaboración coa Asociación CAR o I tríatlon Concello de Redondela no que participarán un total de 168 deportistas. O percorrido, con inicio no peirao de Cesantes e posterior percorrido polo casco urbano e parte da estrada entre Redondela e Reboreda, obrigará a pechar as rúas do centro da vila entre as 15:45 e as 17:45, polo que se pide a colaboración veciñal.

A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público. Un percorrido que obrigará e cortar o tráfico a partir das 15:45 para garantir a seguridade dos participantes. Durante aproximadamente dúas horas permanecerán pechadas a Avenida Mendiño, Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira, Pai Crespo, José Regojo, Xoán Manuel Pereira, a estrada PO-250 ata a farmacia de Reboreda, a praza de Ribadavia, a II República, Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín. Dende o  concello agradecen a colaboración e comprensión dos veciños durante as dúas horas nas que o tráfico permanecerá pechado.  

Participación
Non se acadou a cifra esperada por tratarse dunha fin de semana próxima ao 25 de xullo
Cortes de tráfico
o casco urbano estará pechado dende as 15:45 at as seis aproximadamente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará