Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mellor carne do Suído degustarase este domingo na XV edición da Festa da Chanfaina en Fornelos

RR_Noticias

Unha carpa acollerá aos comensais nunha xornada na que se repartirán centos de racións de carne do Suído, o ano pasado superáronse os 400 kilos, e 250 kilos de chourizo. Uns produtos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares -entre os 4 e os 6 euros- ou levalos para casa “cociñados ou sen cociñar”.

Unha celebración gastronómica que reúne a centos de veciños e visitantes e que celebra este domingo a súa XV edición “máis que consolidada, abalada pola elevada calidade do produto e uns comensais que marchan sempre moi satisfeitos” explica dende a organización Cayetano Tamaño. Durante todo o día haberá música coas Pandereteiras e ás 18:00 horas haberá unha exhibición de baile a cargo de Airel del Norte y Olé e unha exhibición de zumba a partir das 19:00 horas. A banda de gaitas do concello actuará media horas despois e pechará a xornada a verbena amenizada polo grupo Prisma. Na xornada do sábado a Comisión organiza tamén un torneo de tute no que se esperan a participación de máis de cincuenta parellas “o ano pasado foron case 120 persoas xogando ao tute nunha competición diferente” e con premios tan apetecibles como aceite de oliva, xamóns, bacallau e chuleteiros de tenreira.  

Cayetano Tamaño Comisión de festas
Carne de calidade
Novidades gastronómicas
A empanada de chanfaina e a chanfaina á fornelense
Campionato de tute
Máis de 50 parellas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará