Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de Laredo recibe o premio á innovación educativa da Xunta

RR_Noticias

A consellería de educación e ordenación universitaria concede un dos Premios Proxecta de Innovación Educativa a este centro educativo polo traballo realizado durante o último curso, un plan educativo enfocado á innovación, o traballo por proxectos e a posta en valor dunha xestión educativa comprometida coa calidade e as normas ISO.

Algúns dos proxectos desenvolvidos no último curso e que lles fan merecedores desta distinción son o proxecto “Buguina Contaminación Acústica” analizando a contaminación ambiental en Chapela, o proxecto “Roteiros Seguros” denunciando a través das novas tecnoloxías as rutas escolares do centro ou o traballo en convivencia escolar coa posta en marcha de diferentes estratexias para aprender a resolver os conflitos nos centros escolares.
O máis valorado do Plan educativo presentado foi que os proxectos aunan un modelo educativo no que a empresa privada, as diferentes consellerías da xunta, fundación e iniciativas de índole particular son axentes educativos que conflúen no día a día do centro.
De car ao vindeiro curso o colexio laredo será o único centro de primaria galego con inglés e francés obrigatorio no seu curriculo escolar e traballarase a educación emocional e o mindfullness na aulas. Contará tamén con formación en materia de neurociencia da man da Fundación Botín.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará