Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arrastro Rock amplía o seu programa a dous días coa banda catalá Ktulu como cabeza de cartel

RR_Noticias

O festival que se celebra en Reboreda chega este ano a súa decimoprimeira edición coa celebración de dúas xornadas de música na que o rock e o metal son os protagonistas indiscutibles. Unha festa que arrancará o venres con presenza de formación locais (RMS, Artiko e Síndrome del Norte) e que vivirá o sâbado a xornada grande na que se subirán ao escenario un total de seis grupos procedentes de diferentes puntos da península.

Un festival que se mantén fiel aos seus inicios ao ofertar os concertos completamente de balde para o público que se achegue ao Muíño das Xastras do Cadaval en Reboreda, pero iso si con novidades nesta XI edición ao ampliar o seu programa a dous días. O venres con presenza local e menos decibelios e xa o sábado co programa forte e grupos chegados de Portugal, Cataluña e Galicia. O sábado a música arrancará aos redor das 19:30 coa banda galega Enki, a quen lle seguirá o trash metal dos coruñeses Strikeback. A banda Sound of Silence chega tamén ao festival para presentar o seu novo disco “El Llanto de los Mártires”. A continuación quenda de Blaze Out unha das bandas máis novas do panorama actual a quen lles seguirá o cabeza de cartel a veterana bnada de Barcelona Ktulu. Pecharán o festival Abaixo Cu Sistema, banda tributo a System of a Down. Nesta edición desprázase a zona de acampada e anímase aos que queiran a chegarse a empregar o “arrastrobus”, lanzadeiras que cada media hora partirán dende a praza da Farola co fin de facilitar a achega ao recindo da festa e evitar as aglomeracións de vehículos privados.  

Breixo Fernández novidades
Dous días de festival
Salvador López grupos
o sábado será o día forte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará