Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a falta de compromiso do goberno local co idioma galego

RR_Noticias

O nacionalista Xoán Carlos González responsabiliza a Javier Bas da non obtención de subvencións para o servizo de normalización lingüística e critica as súas actitudes cara o idioma. Neste sentido apunta que “nun feito sen precedentes o propio alcalde escribe en xornais utilizando o idioma español, dende o Concello incúmprese a ordenanza de normalización lingüística ao publicar catálogos en castelán e renuncian a recuperar a toponimia”.

Unhas críticas que chegan logo de que se publicaran os concellos que recibirán a subvención que concede a Deputación tanto para o mantemento dos servizos de Normalización xa creados como para a posta en marcha de campañas de promoción e uso do galego e non aparecese entre os beneficiarios o concello de Redondela. O motivo, engade o BNG, “que a solicitude presentouse fóra de prazo por segundo ano consecutivo”.
Un feito que para os nacionalistas é un máis na falta de compromiso do goberno local no que a Normalización Lingüística se refire: “nun feito sen precedentes o propio alcalde escribe en xornais utilizando o idioma español, incumprindo a ordenanza de normalización lingüística o concello publica catálogos, recibe escritos das concesionarias nese mesmo idioma; renuncia a recuperar a toponimia dos camiños redondeláns e agora o servizo de normalización lingüística, deixa de ser subvencionado polo departamento de cultura da Deputación”.
Conclúe Xoán Carlos González responsabilizando directamente a Javier Bas “do proceso de desprestixio do idioma que se está a vivir en Redondela. Na última restructuración de goberno, asumiu as competenzas de normalización lingüística, e á vista están os resultados”, sinala finalmente o edil nacionalista.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará