Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

David Civera actuará en Reboreda

RR_Noticias

As festas patronais na honra da Virxe da Asunción, Santa Ana e San Roque, que amplían a cinco días as súas celebracións contarán tamén coa actuación do cantante Guillermo Castro así como as tradicionais orquestras. O programa arrancará o sábado 12 de agosto e rematará o mércores 16.

A actuación estelar deste ano será a do popular cantante David Civera, quen se subirá ao escenario no festivo do martes 15, xornada na que haberá tamén verbena amenizada pola orquestra Marimba. Dende comisión de festa explican que a decisión de contratar esta actuación responde á necesidade de incluír nas festas patronais outro tipo de espectáculo máis aló das tradicionais orquestras co obxecto de atraer a todo tipo de públicos. Neste sentido apunta tamén Javier Sotelo, presidente da comisión, que se inclúe no programa unha xornada orientada a público infantil e xuvenil no inicio da festa cunha discoteca mobil e tamén orquestras para animar as verbenas nocturnas como a orquestra Superfama, e Ceniza banda e grupos como o dúo Prisma, Aramio e a Charanga Vai de baile. E como novidade de última hora tamén contarán coa presenza de Guillermo Castro, cantante e compositor vigués que actualmente está a presentar o seu último disco. Con todo, é a presenza de Civera a gran atracción deste ano.  

Javier Sotelo Comisión de festas
A actuación estelar será a de David Civera
Cinco días de festa
O programa inclúe tamén activiades para nenos e un concerto de Guillermo Castro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará