Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esixe a limpeza de parcelas nos arredores do casco urbano de Redondela

RR_Noticias

Alertan do perigo de incendio que supón a existencia de espazos cheos de maleza e en estado de abandono en zonas como San Xoán de Arcal ou a Telleira. “A maleza acumulada xunto á seca que estamos a atravesar podería levar a unha situación moi complicada no caso de que se producise algún lume” explica o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González. Acusan ao goberno local de deixazón de funcións.

O concelleiro constatou nas últimas semanas no entorno da rúa San Xoán de Arcal, na saída sentido Nespereira, a existencia dun solar en estado de abandono. “A proliferación de maleza, que mesmo desborda o perímetro da parcela, xunto á falla de limpeza, convertérono nun foco de insalubridade”, sinala o edil quen engade que “a situación adquire maior gravidade por existiren a escasos metros desta parcela varios edificios e vivendas unifamiliares”.
Outro espazo polo que o nacionalista amosou a súa preocupación constitúeo o entorno da  Telleira, en Cesantes. Sinala a existencia de restos de podas de mimosa empregadas na elaboración de alfombras, expoñéndose a que se convertan en combustible incendiario.
Xoán Carlos González, acusa ao equipo de goberno de Javier Bas de absentismo nas súas responsabilidades. “A  escasos metros do centro de Redondela, espazos insalubres, ateigados de maleza e combustible,  potencial foco de incendios, ao que non se lle presta atención” polo que esixen”a inmediata limpeza destes espazos ante o alto risco de lumes, poñendo en perigo a seguridade de moitas familias”.
O BNG asegura tamén que a falta de limpeza nos camiños municipais da Telleira sería “unha represalia do goberno do PP por teren recorrido os veciños deste barrio a suba de taxas de recollida do lixo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará