Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teresa París: “Un acto vandálico non pode ser cualificado de acción reivindicativa”

RR_Noticias

A Concelleira de Cultura, do mesmo xeito que o resto do goberno, téñeno claro: o tachado de 40 sinais que identifican barrios, lugares e camiños nas parroquias de Reboreda, Ventosela e Cedeira é unha acción vandálica “que amosa a falta de respecto dos seus autores polas cousas que son de todos”. Os sinais repoñeranse sen ningún tipo de modificación e devolveranse ao seu estado orixinal.

Teresa París rexeita o contido reivindicativo da acción “anónima e planificada” que se desenvolveu nas últimas semanas e que afectou a numerosos sinais que apareceron completamente ilexibles. Malia que todo indica que se trata dunha acción reivindicativa para protestar polos erros na toponimia que estes sinais recollían, a edil rexeita este argumento “se alguén ten algún tipo de desavinza co que fai a administración hai canles para resolvelo, nunca recorrer a actos vandálicos coma este”. Neste sentido, lembra que dende o seu departamento xa se reuniron en numerosas ocasións con diferentes colectivos, entre eles Alén Nós, para abordar a cuestión da toponimia e acordaron que se irían corrixindo os posibles erros detectados pero en base a unha liña de traballo que busca “o consenso e causar as menos molestias posibles aos veciños que xa padeceron no ano 2010 un cambio nos seus enderezos que lles provocou moitos prexuizos”. Respecto da renovación das sinais danadas apunta que serán repostas por outras “co conseguinte custe que isto supón” e que os topónimos que recollían manteranse inalterables.  

Teresa París edil de cultura
A concelleira fala de acto vandálico
Canles de negociación
Os veciños que queiran reclamar ou queixarse teñen as portas do concello abertas
Correxir topónimos
Algo que se fará de xeito consensuado e cando toque

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará