Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desfile de traxe tradicional galego no adro da Igrexa de Santiago

RR_Noticias

A Concellería de Cultura organiza este sábado día 8 ás 21:30 horas a actividade “De gaita e tamboril” a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas . Por segundo ano en Redondela poderemos achegarnos a unha mostra de traxe tradicional galego no que se recollen todas as súas formas e usos, así como pezas únicas, algunhas delas procedentes de familias do municipio.

Durante a mostra poderemos gozar dunha exhibición dos modelos propostos, que serán presentados en vivo con descricións de cada un deles, elaboración, usos e valor histórico de cada peza.
A asociación etnográfica “Sete espadelas, é a encargada de tratar estes traxes para que sexan un auténtico goce para as persoas interesadas neste patrimonio cultural en torno ao traxe e as vestimentas tradicionais.
Esta asociación foi creada con ánimo de estudar, promover, reproducir e facer visibles o mellor destas roupaxes e as súas características máis recoñecibles así como outras que non o son tanto. O desfile celebrarse no adro da Igrexa parroquial de Santiago de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará