O torreiro de festas de Reboreda acolle este sábado un encontro de música folk coa presenza de catro formacións: Tarxa, Os Celtas de Taboadelo, Os Cuncheiros e o Carballo das Cen Polas. Unha actividade que aglutina na súa organización ás diferentes asociacións da parroquia, entre elas a propia Comisión de Festas de Reboreda que traballa xa no programa festivo que se celebrará a mediados do vindeiro mes de agosto.
A cita arrancará ás 20:00 horas no torreiro da festa e será unha tarde noite de música e tamén gastronomía, xa que se poderán degustar a prezos populares mexillóns e empanada. A música chegará da man dos grupos vigueses Tarxa de Castrelos e os Cuncheiros de Lavadores. Actuarán tamén Os Celtas de Taboadelo, formación de Pontecaldelas e a presenza local correrá a cargo do grupo de Reboreda, O Carballo das Cen Polas.
Encontro folk