Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferida leve unha moza de Redondela nun accidente na N-550 á altura da gasolineira de Santa Mariña

RR_Noticias

O Peugeot 206 que conducía Sabela B.T., veciña de Redondela de 45 anos de idade, envorcou logo de colidir contra outro vehículo que estaba detido na estrada. Os feitos producíanse ás 9:10 horas de hoxe cando no lugar se vivía unha retención por mor dun camión avariado á altura da Capela de Santa Mariña. Todo apunta a un despiste da condutora do vehículo como causante do sinistro.

O accidente tiña lugar cando a condutora, que circulaba en dirección Pontevedra Vigo, non se tería decatado da retención e o seu turismo colidía contra o vehículo que a precedía. A consecuencia do impacto o coche envorcou no medio da calzada. Trasladáronse ao lugar do sinistro efectivos da Policía Local que xa se atopaban nas inmediacións regulando o tráfico, afectada polas retencións causadas pola avaría dun camión minutos antes.
A condutora e única ocupante do vehículo resultou ferida leve e foi trasladada ao hospital Fátima en Vigo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará