Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Citas gastronómicas en Redondela: Festa do polbo no Viso e Festa da navalla en Chapela

RR_Noticias

A festa do Polbo do Viso organizada pola Comisión de Festas da Telleira confía en recibir un milleiro de persoas na xornada do domingo na que celebran a súa VII edición. En Chapela será o paseo marítimo o lugar que acolla a II edición da Festa da navalla organizada polo Círculo Cultural Recreativo da parroquia.

A Festa da navalla arrancará ás 12:00 horas no Paseo Marístimo de Chapela. Amenizada pola Asoicación folclórica O FIadeiro e os grupso de gaitas Froles Mareliñas, Os Xuveniles e Semente Nova,a organización despachará un total de 500 kilos de navallas que se ofrecerán a prezos populares (9 euros a ducia de navallas, 4 euros a ració nde empanada de millo e tres a de trigo). Pola tarde haberá festa da espuma para os máis pequnos a partir das seis. Unha festa organizada polo Círculo Recreativo que convida tamén aos veciños a asistir este sábado a partir das 20:00 horas do VII festival de Habaneiras e música mariñeira coa actuación da Coral de Oleiros (A Coruña), Coral Armonía (Ferrol), Coral Amanecer (Gijón) e Coral Polifónica Frol Nova. Na parroquia do Viso apostan por sétimo ano consecutivo polo polbo, cunha celebración que se adianta no calendario e que terá lugar este mesmo domingo a partir das 11:00 horas. A festa na Teixeira estará amenizada polo grupo de gaitas Taradelo e as pandereteiras Arela.

Festa do Polbo A Teixeira O Viso
Dende a Comisión fálannos desta cita gastronómica
Festa da Navalla Paseo marítimo de Chapela
O presidente do Círculo Recreativo de Chapela Emilio Sánchez Santorio fálanos desta cita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará